martes, 23 de xaneiro de 2024

EN CLASE

 Seguimos en clase!


Lembra que temos clase en grupo para adultos ( a partir de 10 anos) os mércores pola mañá e pola tarde, os xoves pola tarde e os sábados as 11:30 horas. E os venres peque artistas ata os dez anos de idade. 

Titorías individuais e laboratorio creativo non mixto: dous grupos cada un unha tarde de sábado ao mes. Na lapela Próximos talleres imos subindo as actividades abertas de cada mes. O próximo un obradoiro en Betanzos, Mosaico da memoria. 

 

imaxes das clases: colaxe, acuarela, óleo, pequeartistas e laboratorio creativo... e ao final de todo unha das visitas a exposicións de este curso. 

 



 






 


Espero vervos polo taller!

 

luns, 18 de decembro de 2023

Decembro información e bos desexos :)

 

O día 23 de decembro temos unha actividade moi fermosa e gratuíta para un grupo de mulleres, queda algunha praza e podes inscribirte no email que aparece no cartel. Non tardes en escribir! 

Faremos máis recollidas de memorias ao longo do próximo ano, escríbenos se queres que te avisemos para as próximas.




Atención!  para xs máis peques ofrecémosche un Obradoiro no que explorarán a súa creatividade combinando natureza e Nadal. Como sempre guiados con ilusión e moito cariño por Julia. AtelierconJulia 




E lembrade que as clases regulares estarán pechadas dende o 24 de decembro ata o día 2 de xaneiro. 

Desexarvos unhas boas festas cheas de amor, saúde e creatividade e un feliz inicio de 2024, un ano que desexamos sea xeneroso, luminoso e amoroso con todxs nós.

Agradecervos como sempre a confianza que depositades en nós e o mecenazgo que facedes as artistas que formamos parte do taller.

 Julia, Gisela e eu dámosvos unha aperta grande.